CALIDADE NA LIMPEZA DO ATÚN

CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB DE SERPEIXE S.L.: www.serpeixe.es

SERPEIXE S.L. (en diante SERPEIXE) con domicilio en Castelao 12 - 1º B, Vilagarcía de Arousa, con CIF B-94.004.702 e representada por José Serantes Teijeiro, con DNI 35.425.388- .Y pon a disposición no seu sitio web www.serpeixe.es determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.

As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de SERPEIXE por parte dos USUARIOS que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expónselle ao USUARIO no sitio web www.serpeixe.es en todas e cada unha das páxinas e cada vez que un USUARIO introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a través de Internet, non podendo o USUARIO introducir os seus datos efectivamente sen que primeiro se produza esta aceptación.

SERPEIXE S.L. está inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra no Folio 105 do libro 3552, Inscrición 1ª da Folla PO-47937.

O acceso ao sitio web de SERPEIXE implica a aceptación sen reservas das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que se ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

PRIMEIRA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO

1.1.- A utilización do sitio web de SERPEIXE non leva a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO, salvo que este USUARIO desexe utilizar a base de datos de artigos existentes en www.serpeixe.es onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico. Esta subscrición rexerase polas condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual etc. SERPEIXE prohibe expresamente os seguintes:

1.1.1.- Realizar accións que poidan causar no sitio web ou a través do mesmo e por calquera medio calquera tipo de dano aos sistemas de SERPEIXE ou a terceiros.

1.1.2.- Realizar, sen a debida autorización, calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos ("spaming") ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede ("mail bombing").

1.2.- SERPEIXE poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, á boa fe ou ás presentes condicións xerais – véxase cláusula quinta.

SEGUNDA.- CONTIDOS: Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por:

2.1.- SERPEIXE utilizando fontes internas e externas, de tal modo que SERPEIXE unicamente se fai responsable dos contidos elaborados de forma interna.

2.2.- SERPEIXE resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.

TERCEIRA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA.- SERPEIXE informa de que o sitio web www.serpeixe.es, os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web atópanse plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso de SERPEIXE. SERPEIXE utiliza fontes externas para a elaboración dos seus contidos en determinadas ocasións e tamén establece links ou hiperenlaces a artigos ou informacións de terceiros, citando sempre a fonte. O lexítimo titular dos dereitos de autor destas informacións así incluídas poderá solicitar en calquera momento a eliminación das devanditas referencias.

CUARTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICABLE.- As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de VILAGARCÍA DE AROUSA, renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

QUINTA: No caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. SERPEIXE poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte de SERPEIXE.

SEXTA: SERPEIXE non se fará responsable en ningún caso do uso que o USUARIO e/ou terceiros puidesen facer do sitio web, dos contidos e/ou dos servizos, nin dos danos e prexuízos que puidesen derivarse do mesmo.

SÉTIMA: POLÍTICA DE PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS

7.1.- De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos, SERPEIXE S.L., informa de que os datos persoais facilitados a través dos formularios desta Web ou mediante mensaxes de correo electrónico serán incorporados nun ficheiro de clientes e serán tratados de forma automatizada.

7.2.- Mediante o envío dos formularios existentes neste sitio web, o remitente dá o seu consentimento para ser incluído no mencionado ficheiro, e igualmente presta o seu consentimento para que os devanditos datos lles poidan ser cedidos a empresas do Grupo ou outras relacionadas comercialmente con este, co obxecto de fornecerlle a información solicitada nos formularios ou subscricións.

7.3.- A finalidade do ficheiro é servir como soporte de información á xestión comercial da empresa.

7.4.- Se o desexa, pode dirixirse a SERPEIXE S.L., domiciliada en Castelao 12 - 1º B, Vilagarcía de Arousa, co fin de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.